Wiki Publisher/com.sun.wiki-publisher/wiki.xhpWiki;Wiki PublisherWiki Publisherextensións;MediaWikiWiki PublisherUsando Wiki Publisher vostede pode subir o seu documento de texto de Writer a un servidor MediaWiki. Despois de subilo, todos os usuarios do Wiki poderán ler o contido do seu documento no Wiki.Elixa Ficheiro - Enviar a MediaWiki para subir o documento actual a un servidor MediaWiki.Requirimentos do sistemaStarOffice/StarSuite 8 Update 10OpenOffice.org 2.4Contorno de execución Java 1.4Unha conta de Wiki nun servidor MediaWiki soportadoInstalando Wiki PublisherAntes de instalar Wiki Publisher, asegúrese que StarOffice ou OpenOffice.org usa un contorno de execución de Java (JRE). Para comprobar o estado do JRE, elixa Ferramentas - Opcións - OpenOffice.org - Java. Asegúrese que "Usar un contorno de execución de Java" está marcado e que un cartafol dun contorno de execución de Java está seleccionada na lista. Se non estivese ningún JRE activado, entón active un JRE 1.4 ou superior e reinicie OpenOffice.org.Para instalar Wiki PublisherNunha ventá de Writer, elixa Ferramentas - Xestor de extensións.Na ventá do Xestor de extensións, prema engadir.Busque o ficheiro wiki-publisher.oxt, prema Abrir, e despois prema Pechar. Peche OpenOffice.org, e peche tamén a barra de inicio rápido se estivera activada.Reinicie o software, abra un documento de texto, elixa Ferramentas - Opcións - Internet - MediaWiki para introducir a súa configuración do Wiki. Vexa "Como conectarse a un Wiki" máis abaixoPara desinstalar Wiki PublisherNunha ventá de Writer, elixa Ferramentas - Xestor de extensións.Prema no signo máis (+) que está diante de As miñas extensións.Elixa a extensión, prema Eliminar e despois prema Pechar.Para conectar a un WikiNota: Pode almacenar o seu nome de usuario e contrasinal para todas as ventás de OpenOffice.org. O contrasinal gardarase dunha maneira segura, onde o acceso está controlado por un contrasinal mestre. Para habilitar o contrasinal mestre elixa Ferramentas - Opcións - OpenOffice.org - Seguridade.Nota: Se se conecta á internet usando un proxy, introduza a información do proxy en Ferramentas - Opcións - Internet - Proxy, e reinicie o software.Abra un documento de Writer e elixa Ferramentas - Opcións - Internet - MediaWiki.Na ventá Opcións prema Engadir.Na ventá MediaWiki introduza a información da conta do Wiki.Na caixa de texto do URL, introduza o enderezo do Wiki ao que quere conectarse.Pode copiar o URL desde o seu navegador e pegala na caixa de texto.Na caixa de Nome de usuario, introduza o seu identificador de usuario para a súa conta do Wiki.Se o Wiki permite a escritura a usuarios anónimos, pode deixar os campos Nome de usuario e Contrasinal baleiros.Na caixa de Contrasinal, introduza o contrasinal para a súa conta do Wiki, despois prema OK.Opcionalmente habilite "Gardar contrasinal" para gardar o contrasinal entre sesións. O contrasinal mestre úsase para controlar o acceso aos contrasinais gardados. Elixa Ferramentas - Opcións - OpenOffice.org - Seguranza para habilitar o contrasinal mestre. "Gardar contrasinal" non estará dispoñible mentres o contrasinal mestre non estea habilitado.Para crear unha nova páxina no WikiAbrir un documento de Writer.Escriba o contido da páxina do Wiki. Pode usar formatos como texto formateado, cabeceiras, notas a pé de páxina e máis. Vexa a lista de formatos soportados.Elixa Ficheiro - Enviar a MediaWiki.Na ventá Enviar a MediaWiki especifique as configuracións da súa entrada.Servidor MediaWiki: Elixar o Wiki.Título: Escriba o título da súa páxina. Escriba o título dunha páxina existente para sobrescribila co contido actual do seu documento. Escriba un novo título para crear unha nova páxina no Wiki.Resumo: Opcionalmente, introduza un breve resumo da súa páxina.Esta é unha edición menor: Prema nesta caixa de verificación para marcar a páxina subida como unha edición menor da páxina xa existente co mesmo título.Amosar no navegador web: Prema nesta caixa de verificación para abrir o seu navegador e amosar a páxina subida no Wiki.Prema enviar.