Que novidades ten o novo Thunderbird?

Esperamos que goce das novas características de Thunderbird. Vostede pode personalizar o Thunderbird canto queira, ademais pode probar centos de complementos. Thunderbird é todo seu.

Máis doado iniciarse

  • Revisouse o asistente de creación de contas para mellorar a configuración do correo. Para abrilo, vaia ao menú Ficheiro, seleccione Novo, Conta de correo...
  • Nova páxina de resolución de erros para axudarlle cando atope un problema ao enviar e recibir correo. Pode atopalo no menú Axuda, Información para solucionar problemas.

Novo xestor de complementos

  • Vaia ao menú Ferramentas e seleccione Complementos para examinar todos os complementos dispoñíbeis para o Thunderbird.
  • Engada o Lightning Calendar
  • Engada a Vista de conversación, unha forma diferente de ver o correo

Máis novas funcionalidades para explorar

  • Agora as lapelas poden reordenarse e arrastrarse entre diferentes xanelas
  • Agora móstrase o tamaño dos anexos ao carón dos mesmos
  • Agora os engadidos poden cargase nas fontes RSS
  • Fixéronse algúns arranxos no tema para Windows Vista e Windows 7
  • Máis de 390 arranxos para mellorar a velocidade, rendemento e estabilidade
  • Vexa as notas da versión para obter máis información