Que hai de novo no Thunderbird 3

Esperamos que desfrute das novas características do Thunderbird. Temos novas ferramentas de busca, correo en separadores, arquivado de mensaxes e centos de complementos para que personalice Thunderbird 3 ao seu gusto.

Buscas con ferramentas avanzadas de filtrado

Escriba o seu termo de busca na barra de busca global e abriránselle os resultados nun novo separador. Coas ferramentas de filtrado e de liña de tempo do Thunderbird, pode atopar claramente o que estea a buscar.

Correo en separadores

Se lle gusta a navegación con separadores de Firefox, tamén lle gustará o correo en separadores. Prema dúas veces ou prema Intro nunha mensaxe para abrila nunha nova xanela nun separador. Pode premer co botón dereito nas mensaxes ou cartafoles para abrilos nun separador en segundo plano.

Arquivado de mensaxes

Usando o botón de Arquivar ou premendo a tecla ‘A’ fará que se arquive o seu correo. O arquivado do correo move o correo desde a súa caixa de entrada até o novo cartafol de arquivado do sistema.

Outras novas características para explorar:

Para máis información acerca do produto, visite a páxina de inicio do Thunderbird.