Novato
Aumentar e Reducir
Está cansado de visualizar textos en miniatura? Desexa visualizar unha imaxe máis preto? Agora pode aumentar e reducir páxinas web con facilidade.
Probe estes trucos do separador
Se é o tipo de persoa que abre moitas páxinas web ao mesmo tempo, certeza que vai tirar proveito á navegación con separadores. Estes son algúns dos atallos de teclado que o axudarán cos separadores principais:
Engadir marcadores premendo unha única vez
Manteña de forma máis eficiente e rápida a súa lista de marcadores premendo unha soa vez. Cando visite unha páxina que lle gustaría lembrar, prema a icona da estrela na barra de localización. Firefox engadirao á súa lista de marcadores para que o encontre facilmente a próxima vez.
- =buildPlatformImage('/img/tignish/tips/security-icon-01.png', 'Security Icon', '60', '53', null, array('mac', 'linux', 'xp'))?> O sitio fornece información cotexada sobre a súa identidade e protexe dos curiosos a información persoal do usuario.
- =buildPlatformImage('/img/tignish/tips/security-icon-02.png', 'Security Icon', '60', '53', null, array('mac', 'linux', 'xp'))?> O sitio fornece información básica sobre a súa identidade e protexe dos curiosos a información persoal do usuario.
- =buildPlatformImage('/img/tignish/tips/security-icon-03.png', 'Security Icon', '60', '53', null, array('mac', 'linux', 'xp'))?> O sitio non fornece ningunha información sobre a súa identidade.
Saiba con quen está a tratar
Un tipo de fraude común é a creación de sitios falsos, coñecidos como sitios de phishing, os cales se fan pasar polo seu banco, o seu sitio de comercio electrónico favorito, etc. Afortunadamente, Firefox permite determinar de xeito fácil se un sitio é o que aparenta ser. Basta premer a icona do sitio para obter un resumo da súa identidade.
Fornecer información persoal a un sitio de ataque ou falsificación, ou mesmo visitalo, pode ser moi daniño.
Camiñe cara ao éxito por atallos
Firefox está cheo de atallos de teclado deseñados para facilitar o seu uso. Estes son algúns dos nosos favoritos:
Intermedio
Utilizar etiquetas
Cando a lista de marcadores é extensa, controlala pode tornarse un pouco confuso. Para organizarse, pódense atribuír etiquetas aos sitios marcados: simplemente prema dúas veces a icona da estrela e poderá introducir etiquetas.
Pode utilizar tantos termos como queira (separados por comas).Despois, para encontrar os sitios só terá que introducir a etiqueta correspondente na barra de localización. Por exemplo, introducindo "viaxe" na barra de localización aparecerán todos os sitios que marcou como parte da súa pescuda para as próximas vacacións.
Saiba todo acerca dos complementos
A versión estándar de Firefox está chea de funcionalidades, claro, mais por que parar aí? Hai máis de 5.000 complementos (pequenos elementos adicionais que personalizan Firefox) que pode descargar para mellorar practicamente todas as tarefas. Vaia a Ferramentas → Complementos para abrir o xestor de complementos e descubra como pode modelar Firefox á súa medida.
Buscar de xeito intelixente
Xa está familiarizado coa barra de buscas de Firefox. No entanto, sabía que pode personalizala con case calquera motor de busca? Prema a icona da esquerda da barra de busca para ver o menú de opcións predefinidas.
Ou mellor, prema Xestionar motores de busca para mudar a disposición da lista, engadir opcións adicionais e até atribuír atallos aos seus motores de busca favoritos. Por exemplo, atribúa a Google o atallo "G". Así, para buscar receitas de doces, introduza simplemente "G recitas de doces" na barra de localización para xerar a lista.
Localizar de maneira rápida
A funcionalidade Localizar ao escribir é outro modo de aforrar tempo. En vez de usar a barra Localizar para procurar unha palabra nunha páxina, prema en calquera punto da mesma e comece a introducir a palabra que desexa. O cursor saltará logo até a primeira aparición dese termo.
Tamén funciona coas ligazóns. Por exemplo, en lugar de mover o rato a través da páxina até unha ligazón tipo "saiba máis", comece a introducir a palabra e, cando o cursor a encontre, prema Intro.
Eliminar todos os rastros
Por razóns de seguranza e privacidade, non é recomendábel deixar un ronsel detrás ao ir navegando (especialmente se está a utilizar un computador partillado). Firefox permite limpar a caché e eliminar o historial de navegación e descargas e as cookies premendo unha única vez. Para iso, vaia a Ferramentas → Limpar datos privados…. Ou, se quere extremar o coidado, vaia a Ferramentas → Opcións → Privacidade e seleccione a opción "Limpar sempre os meus datos privados ao pechar Firefox".
Avanzado
Ir directamente aos seus sitios favoritos
Pode engadir palabras chave aos seus marcadores para acceder a eles de xeito máis fácil e rápido. Desde a Biblioteca, engada unha palabra chave curta no campo correspondente e así poderá acceder a ese marcador introducindo esa palabra chave na barra de navegación. Por exemplo, pode atribuír á sua conta del.icio.us a palabra chave “ligazóns”, e así accederá directamente a ela introducindo “ligazóns” na barra de navegación.
Crear cartafoles intelixentes
Se xa ten experiencia navegando pola Internet e precisa gardar e rastrexar con frecuencia grande variedade de sitios, esta é unha boa forma de aforrar tempo: utilizando a Biblioteca de Firefox 3, poderá crear e gardar as súas buscas en cartafoles que se actualizan automaticamente á medida que engade sitios nos marcadores e no historial.
Primeiro abra a Biblioteca seleccionando a opción Organizar marcadores do menú Marcadores. Despois introduza os termos de busca na caixa de busca. Finalmente prema o botón Gardar e cree un cartafol intelixente.
Xestionar as súas descargas
Se efectúa descargas a miúdo, pode utilizar a xanela do xestor de descargas para manter o control das mesmas. Permite parar e retomar as descargas e aforrar tempo a través da abertura directa de ficheiros desde o xestor.
Se precisa de rastrexar unha descarga anterior, vaia a Ferramentas → Descargas e utilice a caixa de busca para localizar o ficheiro. Unha vez que o encontrou, prema dúas veces o ficheiro para abrilo, ou prema co botón secundario e escolla "Copiar ligazón de descarga".
Decubrir ferramentas de desenvolvemento
Se desenvolve páxinas web, as ferramentas de desenvolvemento de Firefox facilítanlle as cousas. O sitio de complementos de Mozilla ofrece numerosas ferramentas para acelerar o proceso de desenvolvemento, incluíndo Firebug, para editar, depurar e monitorar CSS, HTML e JavaScript en páxinas web; Tamper Data, para ver e modificar cabeceiras HTTP/HTTPS e parámetros POST; e o DOM Inspector, para examinar elementos HTML ou CSS cun simple click no botón dereito do rato.
Configure a web como mellor lle pareza
Agora pode utilizar controladores de protocolos web para un acceso rápido ás súas aplicacións web favoritas. Por exemplo, pode configurar Firefox de maneira que ao premer unha ligazón mailto: de calquera sitio se abra unha nova mensaxe no seu fornecedor de correo web preferido en lugar de no seu programa de correo predefinido (nota: esta funcionalidade só está dispoñíbel con servizos de correo web rexistrados con Firefox 3).
Vaia a Ferramentas → Opcións → Aplicacións para seleccionar a aplicación predefinida para cada protocolo ou seleccione “Preguntar sempre” se prefire escoller a aplicación de cada vez.
Se desenvolve aplicacións web, dispón de máis información acerca de como adicionar soporte para controladores de protocolos web no Centro de desenvolvemento de Mozilla