Desexa colaborar? Fantástico! Non é preciso ser un guru do C++ (nin sequera saber que significa iso) nin tampouco dedicarlle moito tempo.
Formas simples de colaborar
- Fale á súa familia, amigos e colegas de traballo dos produtos Mozilla
- Axude outras persoas que participen no taboleiro de mensaxes ou nos foros de apoio
- Únase ao equipo de márketing da comunidade e axude nas nosas campañas
- Asegúrese de enviar información sobre calquera erro observado ao equipo de desenvolvemento
- Contacte cos sitios web que non funcionan axeitadamente cos produtos Mozilla
- Faga unha doazón á Fundación Mozilla
Para quen ten coñecementos técnicos
- Únase ao equipo de aseguramento da calidade e informe dos bugs e outros problemas que deban ser corrixidos
- Axude a escribir ou editar documentación para os desenvolvedores
- Axude a escribir ou editar documentación para os usuarios finais
- Contribúa a enriquecer o ecosistema de Firefox desenvolvendo un complemento
- Corrixa un bug ou contribúa con código para o proxecto